cofiador -ra
cofiador -ra
(< co- + fiador)
s
[DER]
Persoa que presta fianza xunto con outras nun proceso, cando é requirido para isto na contía e na forma que determinen as leis. Os cofiadores responden do cumprimento dunha obriga no caso de que non o faga o debedor principal. Agás que exista un pacto en contra, cada cofiador ten dereito a demandar o beneficio de división antes do pagamento e, no caso de que pagara o total, ten dereito a reclamarlles aos outros a parte que proporcionalmente lles correspondía satisfacer.