cofia
(< lat tardío cofia)
-
s
f
-
Toucado feminino que semella unha rede en forma de saco, feita con seda fina ou liño e, ás veces, adornada con ouro e cintas de cores, que levan as mulleres para cubrir a cabeza ou para recoller os cabelos. Forma parte do traxe tradicional de gala feminino.
Sinónimos: touca. -
Peza de tea, normalmente de cor branca, que forma parte de uniformes ou hábitos relixiosos e que recolle total ou parcialmente o pelo.
Sinónimos: touca. -
Especie de rede que se emprega para cubrir a cabeza.
-
-
s
f
Ligadura protectora que levaban os guerreiros debaixo do helmo.
-
s
f
[BOT]
Cobertura foliosa que cobre a cápsula dos mofos.
Sinónimos: caliptra. -
s
f
Especie de rede de graxa moi fina que envolve as tripas e as suxeita á parede do abdome.
Ex: Coa cofia dos porcos fixo pingo e roxóns.
Sinónimos: touca. -
s
f
Termo da xerga das palilleiras que designa o toucado de encaixe que se leva na cabeza cando se viste o traxe de festa das palilleiras, empregado ata o primeiro terzo do s XX.