cofia

cofia

(< lat tardío cofia)

  1. s f
    1. Toucado feminino que semella unha rede en forma de saco, feita con seda fina ou liño e, ás veces, adornada con ouro e cintas de cores, que levan as mulleres para cubrir a cabeza ou para recoller os cabelos. Forma parte do traxe tradicional de gala feminino.

      Sinónimos: touca.
    2. Peza de tea, normalmente de cor branca, que forma parte de uniformes ou hábitos relixiosos e que recolle total ou parcialmente o pelo.

      Sinónimos: touca.
    3. Especie de rede que se emprega para cubrir a cabeza.

  2. s f

    Ligadura protectora que levaban os guerreiros debaixo do helmo.

  3. s f [BOT]

    Cobertura foliosa que cobre a cápsula dos mofos.

    Sinónimos: caliptra.
  4. s f

    Especie de rede de graxa moi fina que envolve as tripas e as suxeita á parede do abdome.

    Ex: Coa cofia dos porcos fixo pingo e roxóns.

    Sinónimos: touca.
  5. s f

    Termo da xerga das palilleiras que designa o toucado de encaixe que se leva na cabeza cando se viste o traxe de festa das palilleiras, empregado ata o primeiro terzo do s XX.

Palabras veciñas

cofear | cofemia | cofferdam* | cofia | cofiador -ra | cofinanciamento | cofinanciar