coherente

coherente

(< lat cohaerente, p activode cohaerēre ‘estar unido’)

  1. adx

    Que ten ou actúa con coherencia.

    Ex: É un dos políticos máis coherentes do partido.

    Sinónimos: congruente. Antónimos: incoherente, incongruente, inconsecuente.
  2. adx [FÍS]

    Aplícase a aquelas radiacións que presentan coherencia.

    Sinónimos: congruente.

Palabras veciñas

coherdar | coherdeiro -ra | coherencia | coherente | cohesión | cohesivo -va | cohesor