Cohnheim, Julius

Cohnheim, Julius

Médico alemán. Foi o segundo dirixente, despois de Virchow, da escola de anatomía patolóxica alemá do s XIX. Foi autor de diversos traballos sobre técnicas histolóxicas, a estrutura das fibras musculares estriadas e os fenómenos inflamatorios. Tamén explicou a diapédese leucocitaria (1867) e outros fenómenos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Demmin, Pomerania

  • Deceso

    Lugar : Leipzig