coiote

coiote

(< náhuatl coyotl)

Nome científico: [Canis latrans, Fam doscánidos]
s m [ANIMAL]

Cánido de ata 97 cm de lonxitude corporal, ademais da cola que acada os 38 cm, e unha altura ata a cruz de ata 53 cm. A súa pelaxe é de cor parda cinsenta, coas orellas máis amarelentas, a gorxa e o ventre de cor branca e con manchas negras nas patas dianteiras. Depredadores oportunistas, poden cazar en grupo a grandes mamíferos como os cervos. Os machos son de maior tamaño ca as femias e a parella establécese de por vida. Anualmente crían unha camada, as máis das veces nun tobo abandonado, dunhas seis crías que se manteñen cos pais formando unha pequena manda, un ano antes de dispersarse para atopar unha área propia. Marcan o territorio cos ouriños, ladridos e ouveos. Habita en chairas, pradeiras e zonas áridas de Norteamérica onde, a partir do s XIX, debido á desaparición dos lobos americanos, se estendeu dende o N do continente ata Costa Rica e México.

Palabras veciñas

coio | Coio | Coios, Pena dos | coiote | Coipasa, salar de | coipú | coira