coipú

coipú

(

Nome científico: [Myocastorcoypus, Fam dos miocastóridos]
s m [ANIMAL]

Rillador acuático de cabeza grande e corpo groso, que acada os 60 cm de lonxitude, dotado dunha cola cilíndrica de ata 45 cm recuberta de escamas. Acada un peso de 6,5 kg. O pelame é de cor parda clara, agás o fociño e as meixelas que son de cor branca. Presentan uns incisivos de gran tamaño e de cor laranxa que sempre permanecen expostos ao pechar os beizos por detrás deles. As orellas son pequenas e os ollos e os orificios nasais están dispostos na parte alta da cabeza, feito que lles permite respirar e observar o contorno mentres nadan case que totalmente somerxidos. As patas presentan unllas moi desenvolvidas, aptas para escavar, e os pés posteriores son palmados. Nadan e somérxense con facilidade e cando se senten ameazados poden permanecer baixo a auga algúns minutos. Aliméntanse principalmente de plantas acuáticas, especialmente das partes basais e de raíces. É unha especie orixinaria da metade meridional de Sudamérica que se cría en catividade en granxas peleteiras de Norteamérica, Eurasia, Oriente Medio, África e Xapón. De moitas destas instalacións fuxiron exemplares que nalgúns casos orixinaron poboacións viables. Deste xeito, en Europa está presente en Holanda, Bélxica, Alemaña e Francia.

Palabras veciñas

Coios, Pena dos | coiote | Coipasa, salar de | coipú | coira | Coira | Coira