Coira Lojo, Pablo
Coira Lojo, Pablo
Futbolista. En 1995 ingresou nos equipos inferiores da SAD Compostela. Na tempada 1998-1999 converteuse no defensa lateral dereito titular do primeiro equipo do club santiagués, na Segunda División. Foi convocado pola selección española para participar no Campionato Mundial sub-20 que se celebrou en Nixeria en 1999, e coa que se proclamou Campión do Mundo. Na campaña seguinte (1999-2000), o Compostela traspasouno ao Real Club Celta de Vigo, equipo co que debutou na Primeira División española e nas competicións europeas de clubs, a Copa da UEFA nas tempadas 1999-2000 e 2000-2001 e a Copa Intertoto do ano 2000; este último torneo, gañado polo RC Celta, foi o seu segundo título internacional.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vilagarcía de Arousa