Coira Nieto, Xosé Antonio

Coira Nieto, Xosé Antonio

Realizador, guionista e escritor. Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e diplomouse en Cinematografía pola Universidad de Valladolid. A súa traxectoria profesional comezou en 1982 como crítico cinematográfico en El Correo Gallego. De 1988 a 1990 foi responsable da Área da Imaxe na consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Foi director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), desde a súa creación en 1990-1991 ata 1997. Foi profesor de Produción de TV na Escola de Imaxe e Son (EIS) da Coruña (1997-2000), e con anterioridade, guionista de programas televisivos como Luces da cidade (1989-1990). Traballa como director da sección de novos proxectos na produtora NTR (Noroeste Televisión Radio). Participou nas obras colectivas Historia do cine en Galicia (1996), Dicionario del cine español (1998), realizou un estudo biofilmográfico, Antonio Román. Director de cine (1999) e traduciu a obra Notas sobre o cinematógrafo (1993), de Robert Bresson. Foi xurado de certames cinematográficos e pertence á comisión de cinematografía do Consello da Cultura Galega. En 1998 obtivo o Premio Fernando Rey.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Rábade