coiro
(< lat coriu)
-
s
m
Pel que recobre a carne dos animais. Na tradición popular recóllense os seguintes ditos: “Do coiro alleo, boas peallas se fan. Do coiro, che han de saír as correas, inda que ti o non creas”.
Ex: O coiro do porco estaba mal chamuscado e tiña pelos.
Sinónimos: coira, pelella, pelello, pelica, pelico. -
-
s
m
Pel curtida e preparada para diversos usos industriais.
Ex: O coiro desa chaqueta é de boa calidade.
Sinónimos: pelella, pelello, pelica, pelico. -
coiro antigo
Coiro cun acabado bicolor que recorda as peles envellecidas polo uso.
-
coiro artificial
Materia obtida ao aglomerar dentro dunha substancia plástica fibras moídas de pel.
-
coiro cru
Coiro sen curtir que soamente tivo o proceso de limpeza.
-
coiro de tripa
Coiro antes de curtir, despois ou nas últimas fases do proceso.
-
coiro en bruto
Coiro despois de espelicado o animal, antes do comezo da fabricación.
-
coiro engraxado
Coiro curtido, impregnado de substancias graxas, antigamente empregado para a cuberta dos zapatos e para usos industriais.
-
coiro en pel
Coiro en bruto.
-
coiro estándar
Coiro fabricado segundo unhas normas da comisión internacional de solidez dependente da Unión Internacional de Asociacións de Químicos de Adobería, e que se emprega como soporte fixo para a determinación da solidez e outras medidas de tipo científico.
-
coiro fresco
Coiro despois de espelicado o animal, sen proceso de conservación.
-
coiro industrial
Coiro destinado a pezas para a maquinaria, principalmente correas.
-
coiro moldeado
Coiro cru ao que se lle deu a forma adecuada para empregalo en máquinas téxtiles ou para outras aplicacións.
-
coiro natural
Coiro que ten a cor que lle dá o curtido con taninos vexetais.
-
coiro seco
Coiro conservado por un proceso de evaporación da auga que contén, despois de espelicado o animal.
-
coiro sintético
Materiais plásticos, substitutos do coiro e da pel natural, que imitan as súas propiedades.
-
s
m
-
s
m
Persoa que ten malos habitos.
-
s
m
Muller que exerce a prostitución.
Ex: Ten unha muller que é un coiro.
Sinónimos: coira, coiruda. -
s
m
-
Fragmento de coiro que os oleiros empregan para alisar as pezas de barro antes de cocelas.
-
Fragmento de coiro ou de pano brando que os cordeiros teñen na man mentres debandan o cordel para que sexa máis suave e fino.
-
-
interx
Expresion que se emprega para mostrar asombro ou rabia.
-
coiro cabeludo
[ANAT]
Pel do cranio onde vai inserido o cabelo.
-
coiro cortado
[ARTE]
Motivo decorativo formado por bandas enlazadas que forman debuxos semellantes ás tiras de coiro cortadas e tradeadas. Comezou a empregarse na escola de Fontainebleau no s XVI e estendeuse por Flandres e Inglaterra. Emprégase como decoración da arquitectura manierista.
Refráns
- Para adondar os coiros: os fornos e os lavadoiros.