coiraza
(< lat coriacĕa ‘feitade coiro’)
-
s
f
[BÉL]
Elemento do arnés que protexía o corpo. Nos ss XIII e XIV designaba as defensas do corpo, ás veces con dúas pezas, unha para o peito e outra para o dorso, con manga e gorgueira compostas dunha cuberta superior de coiro, de onde provén o nome de coiraza, enriba de tres teas de cánabo, que levan no interior imbricadas placas de ferro, fixadas cada unha con tres cravos. O conxunto revestíase con seda. A partir do s XV continuouse dando o nome de coiraza ás placas, defensas do peito ou das costas, de ferro ou de aceiro, ás veces forradas de ricas teas.
Confrontacións: armadura. -
s
f
[BÉL]
Revestimento formado por pranchas de ferro ou de aceiro que protexe a carrocería de certos vehículos ou barcos de guerra que levan blindaxe.
-
s
f
[ZOOL]
Cuberta dura que protexe externamente o corpo de certos animais, como as tartarugas.
-
s
f
[XEOL]
Capa dura que se presenta na superficie dalgúns solos de países intertropicais. A súa formación débese á concentración de hidróxidos de ferro e aluminio. Tamén se denomina laterita.
-
s
f
[TECNOL]
Revestimento protector dos cables eléctricos constituído por unha cuberta metálica continua e flexible.
-
s
f
Cousa sen entidade física que protexe de algo. Ex: Utilizou a súa posición como unha coiraza diante dos compañeiros.
Ex: Utilizou a súa posición como unha coiraza diante dos compañeiros.
-
coiraza pétrea
[ARQUEOL]
Revestimento que protexía as antas megalíticas para resaltar a súa monumentalidade, debido a que marcaba dun xeito rotundo a oposición entre o espazo arquitectónico (a mámoa) e o natural (a paisaxe). Formado por pedras de tamaño regular, impedía a destrución da masa tumular. Posiblemente cubrise todo o conxunto tumular agás a lousa de cubrición da anta.