Coiro, Divino Salvador de

Coiro, Divino Salvador de

Igrexa parroquial situada en Cangas. Os Mondragón, rectores desta parroquia dende a segunda metade do s XVI, contrataron para a construción da fachada e da torre os Novás, canteiros tudenses, no s XVIII. A fachada caracterízase polo gusto ornamental do barroco de placas de reminiscencias compostelás e pola influencia portuguesa. A igrexa restaurouse en 1953 e atopáronse restos prerrománicos pertencentes, posiblemente, a un templo anterior.