Colbert, Jean-Baptiste

Colbert, Jean-Baptiste

Estadista francés, ministro de Luís XIV. Mazzarino recomendouno ao rei e, en oito anos (1661-1669), acumulou nas súas mans a administración central de Francia: foi nomeado intendente de Facenda (1661), controlador xeral (1665), ministro da Mariña (1668), secretario da Casa do Rei e ministro de Estado (1669). Iniciador dunha verdadeira política económica en Francia, favoreceu a reconstrución do comercio e da industria segundo os principios do mercantilismo, con tarifas proteccionistas e control gobernativo da industria e do comercio. Gracias á súa iniciativa, creáronse varias compañías comerciais monopolistas que lle deron un novo pulo á creación de bases coloniais francesas. Foi un mecenas das artes e das letras, e participou na creación das grandes institucións culturais da Francia moderna.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Reims

  • Deceso

    Lugar : París