Cole, Henry

Cole, Henry

Industrial e mecenas artístico. Coñecido como Felix Summerly, uniu arte e industria e creou en 1847 a Summerly’s Art Manufactures, onde os pintores e os escultores deseñaban as manufacturas industriais. Foi o promotor da Grande Exposición dos Traballos da Industria de todas as Nacións de 1851 e formou o núcleo principal da colección do Victoria & Albert Museum de Londres. Xunto con Richard Redgrave fundou The Journal of Design and Manufactures (1849).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bath, Somerset

  • Deceso

    Lugar : Londres