colectivo -va

colectivo -va

(< lat collectīvu‘reunido, recollido’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a unha colectividade. Ex: O convenio colectivo da empresa está pendente de aprobación.

    Ex: O convenio colectivo da empresa está pendente de aprobación.

  2. [LING]
    1. adx e s m

      Aplícase a un nome que, estando en singular, designa unha pluralidade de individuos ou cousas.

    2. numeral colectivo

      Substantivo que representa un conxunto dunha cantidade determinada de unidades (Ex: decena, ducia, quincena, vintena, trintena). OBS: Algúns destes numerais tamén designan cantidade aproximada e non exacta (Ex: Unha vintena de candidatos optaban ao posto).

      Ex: decena, ducia, quincena, vintena, trintena). OBS: Algúns destes numerais tamén designan cantidade aproximada e non exacta (Ex: Unha vintena de candidatos optaban ao posto).

  3. s m

    Grupo de persoas que realizan unha actividade en conxunto, unidas por unha relación laboral, por teren intereses comúns ou por reivindicaren as mesmas cousas. Ex: O colectivo de cazadores celebrou a súa xuntanza semanal.

    Ex: O colectivo de cazadores celebrou a súa xuntanza semanal.