colector -ra

colector -ra

(< lat collectōre ‘que reúne’)

    1. adx

      Que recolle. Ex: No concello compraron dous novos camións colectores de lixo. Onte remataron de colocar os novos tubos colectores da rede de sumidoiros.

      Ex: No concello compraron dous novos camións colectores de lixo. Onte remataron de colocar os novos tubos colectores da rede de sumidoiros.

    2. adx e s

      Que ou quen recolle ou colecta certos impostos, taxas ou calquera tipo de dereitos.

      Ex: Esa entidade colectora é a encargada de cobrar o recibo da auga. O mércores vén cobrar o colector asignado pola compañía aseguradora.

    3. adx e s

      Que ou quen recolle fondos ou doazóns, especialmente con fins benéficos. Ex: Os grupos colectores recadaron moitos medicamentos. Os colectores de donativos realizaron unha reunión no centro cultural.

      Ex: Os grupos colectores recadaron moitos medicamentos. Os colectores de donativos realizaron unha reunión no centro cultural.

    4. adx e s

      Que ou quen recompila documentos ou calquera tipo de material para o seu estudio. Ex: Anda de colector polas parroquias para o seu traballo de dialectoloxía. A colectora de música tradicional sacou un novo disco.

      Ex: Anda de colector polas parroquias para o seu traballo de dialectoloxía. A colectora de música tradicional sacou un novo disco.

    5. s m [RELIX]

      Eclesiástico que recadaba as esmolas das misas para distribuílas entre os celebrantes.

    6. s m

      Depósito, xeralmente móbil, de capacidade e formas diversas que se emprega para recoller cousas inservibles.

      Ex: Colocaron un colector na fábrica para recoller as pezas defectuosas. Viñeron limpar o colector do lixo. Os veciños reclamaron un colector para o vidro e outro para o papel.

      Sinónimos: contedor.
  1. s m [CONSTR]

    Sumidoiro de grandes dimensións que forma parte da rede de saneamento. Ten a función de recoller as augas pluviais e fecais que chegan aos sumidoiros e conducilas cara á estación depuradora ou ao lugar de desaugue.

  2. [TECNOL]
    1. s m

      Condución principal destinada á distribución dun fluído por conducións secundarias ou a recibilo destas para eliminalo.

    2. colector de admisión

      Colector que distribúe o aire (nos motores de acendido por compresión) ou a mestura feita no carburador (nos motores de acendido por chispa) aos condutos que van a cada un dos cilindros.

    3. colector de escape

      Colector que conduce os gases queimados de cada cilindro ao tubo de escape.

  3. s m [FÍS]

    Cada un dos electrodos dun transistor bipolar.

  4. s m [FÍS]

    Elemento das máquinas rotativas eléctricas de corrente continua (dínamos e motores) e tamén dalgúns tipos das de corrente alterna. Está composto por un certo número de pezas de cobre iguais que forman unha coroa cilíndrica ao redor do eixe da máquina. O colector, chamado tamén conmutador, actúa como rectificador ou como ondulador mecánico.

  5. s m [XEOL]

    Rocha permeable a través da que circulan os hidrocarburos procedentes da rocha nai.

  6. s m [XEOG]

    Río ao que verte as súas augas outro que é o seu afluente ou tributario.

  7. área colectora [XEOG]

    Superficie dun terreo permeable que alimenta un depósito de augas subterráneas.