colédoco
colédoco
(
adx e s
m
[ANAT]
Conduto biliar, formado pola reunión dos condutos hepático e cístico, que conduce a bile á segunda porción do duodeno. Ten unha lonxitude de 6 a 8 cm e desemboca no duodeno, xunto co conduto pancreático de Wirsung, na papila de Vater. A última porción do colédoco está constituída polo esfínter de Oddi, que regula o paso da bile ao intestino.