Colégio das Artes
Colégio das Artes
Centro fundado en Coimbra (1548) baixo a iniciativa de Xoán III. Pertenceu á Universidade de Coimbra e funcionou como escola menor de latín e filosofía, onde se preparaban os alumnos que accedían despois ás escolas maiores de teoloxía, canons, leis ou medicina. André de Gouveia, o primeiro director, reuniu nese centro a humanistas que difundiron as ideas renacentistas en Portugal. Durante a época na que pertenceu aos xesuítas (1555-1759), o colexio decantouse cara a unha liña máis ortodoxa, sobre todo despois de 1564, ao seren promulgadas en Portugal as decisións do Concilio de Trento. Trala expulsión dos xesuítas, foi facultade da Universidade de Coimbra.