colepoético -ca

colepoético -ca

(

adx [QUÍM]

Aplícase á substancia fisiolóxica ou farmacolóxica que aumenta a colepoese. As principais substancias colepoéticas fisiolóxicas son os sales biliares. As farmacolóxicas son: as obtidas de vexetais como a alcachofa, a menta ou o boldo; as de orixe animal como a bile de boi ou de ovella, que conteñen o ácido cólico e os seus sales; ou as que, obtidas por síntese, teñen unha estrutura totalmente diferente. Para o tratamento terapéutico combínanse diversos tipos.

Palabras veciñas

Coleostephus | coleperitoneo | colepoese | colepoético -ca | cólera | Coleraine | colerese