Coleridge, Samuel Taylor

Coleridge, Samuel Taylor

Poeta, crítico e ensaísta inglés. Colaborou con William Wordsworth en Lyrical Ballads (Baladas líricas), obra fundamental do romanticismo inglés que incluía unha das súas obras mestras, o poema “The Ancient Mariner” que xunto con “Kubla Khan” e a primeira parte do “Christabel”, do mesmo período, representa o punto máis álxido do seu talento poético, cunha complexidade simbólica e unha vontade de entregarse ao insconciente que parecen anticipar as descobertas do simbolismo e do surrealismo. Unha viaxe por Alemaña (1797-1798) púxoo en contacto coa filosofía idealista de Kant e Schelling, que influíu sobre a parte máis intelectual da súa obra. Destaca tamén a súa Biographia literaria (1817), en forma de autobiografía espiritual. As súas conferencias sobre Shakespeare foron revolucionarias e estableceron dun só golpe a técnica de interpretación psicolóxica dos personaxes que determinou unha gran parte da crítica moderna.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ottery Saint Mary, Devon

  • Deceso

    Lugar : Londres