Colima

Colima

Capital do estado homónimo, México, situada na marxe dereita do río Armería (106.967 h [1990]). É o principal mercado dunha rexión eminentemente agrícola (café, cacao, cana de azucre) e gandeira. Do 400 ao 1400 foi o centro dunha cultura precolombina da que se atoparon, en tumbas abertas en terreos rochosos, figuras de terra cocida que representan homes e mulleres en escenas da vida cotiá.