Colima

Colima

Estado federado de México, drenado polos ríos Armería e Salado (5.191 km2; 488.028 h [1995]). A capital é Colima. A maior parte do territorio está ocupado por unha chaira costeira, agás no N e no L, onde está accidentado polos contrafortes de Sierra Madre Occidental. Ten grandes bosques tropicais dos que se obteñen madeiras preciosas de calidade e unha gran variedade de froitas. As principais actividades económicas son a agricultura (azucre, café, arroz), a gandería e a minería (principalmente xacementos de ferro).

Palabras veciñas

coligar | Coligny, Gaspard de | Colima | Colima | colimación | colimador -ra | colimar