Coll, José Luis
Humorista, escritor e presentador de televisión. Comezou a súa andaina profesional en Radio Nacional de España. En 1955 trasladouse a Madrid, onde coñeceu a Mingote e Álvaro de Laiglesia, e pasou a colaborar no semanario de humor Don José. A partir de 1959 participou en La Codorniz. Formou un dos dúos humorísticos (Tip y Coll) máis famosos do teatro e da televisión en España xunto a Luis Sánchez Polack, coñecido como Tip. A partir de 1962 traballou como guionista e actor en diversos programas de televisión, como La tortuga perezosa, La vida discreta e Sonría, por favor. Colaborou tamén co humorista Pedro Ruiz nos programas Como Pedro por su casa e Esta noche Pedro. Publicou, entre outros libros: Epitafios (1982) e El hermano bastardo de Dios (1984). En setembro de 1994 recibiu o II Premio Espasa-Calpe de Humor pola súa novela Firmes!, na que trata con ironía e sarcasmo o tema do servizo militar.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cuenca