Colla, Ettore

Colla, Ettore

Artista plástico italiano. Logo de estudar en París con Laurens e Brancusi, en 1926 instalouse en Roma. En 1944 abandonou a escultura ata 1950, ano no que fundou o grupo Origine. Na súa nova andaina artística realizou colaxes, pinturas e esculturas nas que empregaba anacos de máquinas ou ferros oxidados. Nas súas últimas obras utilizou materiais industriais de grandes dimensións.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Parma

  • Deceso

    Lugar : Roma