Collado Villalba

Collado Villalba

Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, na serra de Guadarrama, drenado polo río Guadarrama (36.950 h [1996]). A gandería ovina e avícola son as principais actividades económicas. Destacan as boas comunicacións ferroviarias e por estrada (autoestrada A-6), que o converten nun importante centro comercial e residencial da periferia da capital. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a igrexa barroca de Enebral.