Collège de France
Collège de France
Fundación docente francesa creada en 1530 por Francisco I, a instancia de Guillaume Budé. Coñecido inicialmente como Collège du Roi, constituíu o núcleo parisiense do racionalismo humanístico renacentista, en certo modo alternativo aos tradicionais usos universitarios, en tanto que tinxidos de aristotelismo e tomismo. Primeiramente, só tiña lectores de grego, hebreo e latín, pero co tempo estendeu o seu campo ás ciencias e á filosofía. Desenvolve unha importante actividade cultural e científica para un alumnado e investigadores que acceden a el despois de superar estrictos controis académicos. A súa gran reputación internacional está acreditada en diversos campos científicos básicos, así como nas ciencias sociais e nas humanidades.