colleita
colleita
(
-
s
f
-
Conxunto de froitos que dá a terra e se recollen nunha época concreta do ano, xeralmente unha única vez no ano. Na tradición oral recóllense ditos como: “Colleita mollada é media anada”.
Ex: Nos últimos tempos a colleita de millo non foi boa.
Sinónimos: anada, recolleita. -
Produto que se obtén a través da transformación dos froitos.
Ex: A colleita do azucre foi moi boa.
Sinónimos: recolleita.
-
-
s
f
Acción e efecto de recoller produtos agrarios.
Ex: Este ano a colleita da uva fixémola en dous días.
Sinónimos: apaña, recolección, recolleita. Confrontacións: ceifa. -
s
f
Tempada da recollida dun produto do campo.
Ex: Se non chove antes da colleita teremos moi bo viño.
Sinónimos: recolección, recolleita. Confrontacións: ceifa. -
s
f
[ALIM]
Viño dunha colleita determinada.
Sinónimos: anada.
Refráns
- A boa anada non a leva vento nin xeada.
- Anada por anada, máis vale a seca cá mollada.
- Anadiña pouca, anadiña moita, vai chegando unha coa outra.
- Cando Deus dá a anada non a tolle chuvia nin xeada.
- Colleita mollada é media anada.
- Máis anada dá o ano cá boa labra do campo.
- Os arredores grandes fan as colleitas pequenas.
- Sacha, esterca e, se o fas ben, terás boa colleita.