Colmeiro, Silvestre

Colmeiro, Silvestre

Escultor e tallista. Protexido do arcebispo Gil Taboada, dedicouse á creación de retablos, escudos de tallas e mobles desde 1753. Realizou, entre outras obras, unha custodia para San Martiño de Prado, un retablo para a igrexa de Santa Baia de Onción e un camarín para a igrexa de Souto Longo. Traballou en diferentes estancias do Hospital Real de Santiago de Compostela.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Chapa, Silleda