Colmenar de Oreja
Colmenar de Oreja
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao SL da provincia e drenado polo río Tajo na parte meridional do termo (5.596 h [1996]). A agricultura (viña) e a gandería destacan sobre a industria. Son tradicionais as actividades mineiras, sobre todo a explotación de pedra branca. Dentro da cidade sobresae a praza maior porticada e a igrexa gótico-renacentista de Santa María la Mayor.