Colombaioni

Colombaioni

Dinastía italiana de pallasos e artistas de circo. Especializados no xénero da farsa, lograron un gran renome mundial despois da aventura teatral de Carlo Colombaioni e do seu cuñado Alberto Vitali que, na década comprendida entre 1970 e 1980, estrearon e distribuíron o espectáculo Duo Colombaioni. Esta experiencia continuárona outros integrantes do clan familiar, como Romano e Alfredo Colombaioni, que colaboraron en diversas películas, e actuaron no Festival Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Os últimos integrantes da saga son Giovanni Huesca e Corrado Togni.