Colombo, Francisco
Colombo, Francisco
Militar de orixe galega. Capitán dos tres batallóns que integraban o rexemento da Morte ou da Victoria, creado por el en marzo de 1809 co obxecto de levantar a poboación da Terra de Montes fronte á ocupación francesa. Debido á falta de previsión do marqués de la Romana, xefe supremo do exército de Galicia, enfrontouse co xuíz de Cotobade, Manuel Taboada Cotón, no transcurso destas operacións. En marzo de 1809 participou, á fronte das súas milicias e xunto coas de Morillo e Cachamuíña, na conquista da cidade de Vigo, que estaba en mans francesas. Trala reconquista, a Xunta de Defensa da cidade nomeouno gobernador militar; sen embargo, a presión popular obrigou a substituílo poucos días despois por Cachamuíña.