Colombo, Plano
Colombo, Plano
Proxecto para a cooperación e o desenvolvemento económico do sur e sueste asiáticos ideado na cidade de Colombo en 1950, que entrou en vigor no ano 1951. Os 24 países que o forman divídense en dous grupos: os países desenvolvidos de fóra da área (Australia, Canadá, EE UU, Reino Unido, Xapón e Nova Zelanda) que se comprometen a proporcionar axuda económica e asistencia técnica, e os países da área beneficiarios desa axuda, como a India, Sri Lanka e Tailandia, entre outros.