Colon i Domènech, Germà

Colon i Domènech, Germà

Filólogo. Estudiou temas de dialectoloxía, lingüística histórica e descritiva, lexicografía e etimoloxía. Editou textos antigos, como o Llibre d’hores (1960), e, en colaboración con outros autores, Furs de València (1970-1990) e o Llibre del Consolat de Mar (1981-1987). Do ano 1954 ao 1964 foi colaborador e redactor do Französisches Etymologisches Wörterbuch, de Walther von Wartburg. Publicou El léxico catalán en la Romania (1976), La llengua catalá en els seus textos (1978), Español y catalán, juntos y en contraste (1989). En colaboración con A. Soberanas preparou o estudo e a edición do dicionario latín-castelán de Nebrija (1979-1987) e un Panorama de la lexicografia catalana (1986). Foi presidente da Associació Internacional de Llengua i Literatura catalanes (1976-1982). É membro correspondente dende 1966 do Institut d’Estudis Catalans, e recibiu o premio de Honor das Lletres Valencianes (1988).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Castelló de la Plana