coloquíntida
coloquíntida
(< lat colocynthĭde
s
f
[PLANTA]
Herba deitada, de talos volubles provistos de gabiáns e follas dúas veces pinnatilobuladas. Os seus froitos en pepónide, teñen a forma e as dimensións dunha laranxa e presentan o epicarpio fortemente endurecido e de cor amarela. A polpa deste froito emprégase en medicina como purgante. É propia do norte de África, aínda que se cultivou amplamente na Península Ibérica durante a época musulmana, polo que se dá de forma semiespontánea nas veigas baixas do litoral meridional mediterráneo.