Colóquio/Letras
Revista de literatura que edita trimestralmente a Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa dende o ano 1959. Foi dirixida por Hernâni Cidade, Jacinto do Prado Coelho, David Mourão-Ferreira e Joana Varela. Comprende as seccións “Ensaio”, “Documentos”, “Ficção”, “Poesía”, “Notas e Comentários”, “Cartas”, “Crítica de livros”, “Informação literária” e “Revista de revistas”. Centrada na literatura de Portugal, Brasil ou África, tamén presta atención á produción galega. Nos números 137 e 138 acolle diversos traballos sobre literatura galega, a súa historia, o xornalismo e o labor editorial. No número 139 publicou recencións sobre dez autores galegos, entre eles, Pondal, Rosalía, Curros, Cabanillas, Castelao e Pedrayo, xunto cunha antoloxía poética e traballos de ficción firmados polos mesmos autores.