Catarqueano

Catarqueano
s m [ESTRATIG]

Unidade xeocronolóxica (non cronoestratigráfica) situada baixo o Arqueozoico. Ten categoría de era e fai referencia a todo o espazo temporal que vai dende a formación ou individualización da Terra como planeta ata a primeira rocha arqueozoica, a máis antiga ata agora atopada dentro do rexistro de datas radiocronométricas. Trátase dunha unidade temporal da que, por exclusión, non se ten testemuño e que abrangue un período de 800 millóns de anos (dende o -4600 Ma ao -3800 Ma). Fai referencia a todos os tempos pre-xeolóxicos dunha Terra en formación e diferenciación xeoquímica, na que despois xurdiron a primeira cortiza e as primeiras segregacións siálicas que deron lugar aos protocontinentes.

Palabras veciñas

cátaro -ra | catarobio -bia | catarómetro | Catarqueano | catarqueano -na | catarral | catarreira