Catarroja

Catarroja

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca da Horta, ao S da capital (20.627 h [1996]). Drenado polo río Turia, a súa economía baséase nas industrias alimentarias (conservas e chocolate), mecánicas, madeireiras, metalúrxicas e químicas. A actividade agrícola e gandeira céntrase no cultivo de laranxas e arroz, e na cría de gando bovino e porcino. Antiga aldea islámica, é un importante centro de pescadores. Destaca a igrexa parroquial neoclásica de Sant Miquel, construída en 1710.