Chao

Chao
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica que remite ao latín planu ‘lugar chan’. Documéntase xa no s XIII: “Diego Lopez de Chao” (doc ano 1296 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 166). Tamén se atesta con artigo: “Marina do Chao” (doc ano 1309 en J. I. Fenández de Viana y Vieites, Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 50). Esta forma correspóndese coa zona centroriental do territorio galego fronte a Chan que é propia do occidente: “Pedro Chaan” (doc ano 1391 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense 888-1554, 1973, p 240).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha cruz flordelisada de azul; bordo de goles con oito caldeiras de prata.