Círculo de Dirigentes

Círculo de Dirigentes

Publicación empresarial que apareceu na Coruña en abril de 1998, editada por Antonio Díaz Díaz. Dirixida por Carmen Díaz Méndez e Susana Pérez Pedreda, conta coas colaboracións de Xosé M. Carril, Antonio Erias Rey, Domingo Bello Janeiro, Isabel Perelló, Pablo Gallego, Enrique Orts Berenguer, Alfonso Villagómez e Elisa Madarro, entre outros. Trátase dunha revista en cor con numerosas fotografías ilustrativas que acompañan os textos. Entre as seccións máis destacadas están: “Editorial”, “Opinión”, “Subastas de Arte”, “Breves”, “Pintura” e “Gastronomía”, amais de diversas reportaxes e entrevistas a persoeiros do mundo empresarial, cultural e político de Galicia e do resto do Estado. A partir de xaneiro do ano 2001 modificou a súa estrutura e presentación.