Clemente VII
Clemente VII
Papa (1523-1534), de nome Giulio de Medici. Nomeado cardeal polo seu curmán, o Papa León X (1513-1521), ao converterse en papa seguiu unha política vacilante entre Francisco I de Francia e Carlos V. Como consecuencia, produciuse o saqueo de Roma (1527) polas tropas imperiais, que mantiveron prisioneiro o papa durante sete meses; daquela, tivo que someterse á vontade do emperador, a quen el mesmo coroara en Boloña en 1530. A súa negativa a anular o matrimonio de Enrique VIII de Inglaterra provocou que este iniciase un proceso que levou a creación da Igrexa anglicana (1531).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : Roma