Club Balonmán Cangas
Club Balonmán Cangas
Sociedade deportiva fundada en Cangas o 7 de decembro de 1984 (data de aprobación dos seus estatutos). Cando se constituíu o club, o balonmán xa tiña tradición na capital da comarca do Morrazo. Na tempada 1994-1995 acadou o ascenso á máxima categoría do balonmán español, a liga ASOBAL, na que participou as tempadas 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001.