Club Medina
Club Medina
Club de baloncesto xurdido na Coruña en 1942, no seo da Sección Femenina do Movimiento Nacional. En 1962 adoptou o nome de Club Medina. Proclamouse Campión da Liga na tempada 1965-1966. Na seguinte, 1966-1967, clasificouse na segunda posición empatado a puntos co campión. A súa condición de Campión da Liga permitiulle participar na Copa de Europa. Na tempada 1968-1969 acadou de novo o subcampionato da Liga.