Clunia

Clunia

Cidade celtibera dos arevacos, máis tarde romanizada. As súas ruínas están localizadas no Alto del Castro, entre as localidades de Peñalba del Castro e Coruña del Conde, na provincia de Burgos. Foi tamén o centro da rebelión dos arevacos e vacceos contra os romanos (56-55 a C). Cando se romanizou a Celtiberia, na época de Tiberio, a cidade converteuse na Colonia Clunia Sulpicia, cabeza do convento xurídico deste nome na Tarraconense. A finais do s III foi incendiada e durante a invasión visigoda abandonada. Consérvanse as ruínas dun gran foro, un teatro con capacidade para 9.200 espectadores e dúas termas públicas.