colour field painting*
colour field painting*
Pinturas abstractas que presentaban grandes superficies de colores planas realizadas nos EE UU a finais da década de 1940 e comezos da de 1950. Orixinariamente, estas pinturas foron unha tendencia do expresionismo abstracto cultivado por Still, Rothko e Newman, entre outros. Posteriormente recibiu o nome de post-painterly abstraction, xa que a diferenza do action painting, rexeitaba o aspecto táctil da pintura. Unha modalidade do colour field painting foron as pinturas chamadas colour stain painting, que amosaban grandes capas de color fixadas nun lenzo que non tiña ningún tipo de imprimación.