Coloso de Rodas

Coloso de Rodas

Estatua de bronce de 32 m de altura feita por Cares de Lindos (290-280 a C). Foi unha das sete marabillas do mundo. Situada no porto de Rodas, coas pernas abertas apoiadas nas ribeiras, representaba o deus Helios como unha figura masculina cunha tea na man. Conmemoraba a vitoria da cidade sobre Demetrio Poliorceta no 305 a C. Destruída por un terremoto no 225? a C, os árabes derrubárona no 653 a C e venderon as súas pezas.