Coltrane, John William

Coltrane, John William

Saxofonista de jazz, compositor e director de bandas norteamericano. Actuou con Dizzy Gillespie, Miles Davis e Thelonius Monk. As súas interpretacións marcan unha etapa cara ao free jazz. En ocasións intentou asimilar as técnicas da música oriental e africana desde o punto de vista do jazz puro. Creador dunha escola propia, influíu sobre numerosos músicos, como Archie Shepp. Entre os seus discos destacan Blue Train (Tren azul, 1957), A Love Supreme (Un amor supremo, 1964) e Ascension (Ascensión, 1965).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hamlet, Carolina do Norte

  • Deceso

    Lugar : Huntington, Nova York