Columbus, Chris
Realizador e guionista cinematográfico norteamericano. Destacou na elaboración de guións en colaboración con Steven Spielberg e outros coñecidos directores en filmes como Gremlins, The Goonies ou Young Sherlock Holmes (O enigma da pirámide). Tamén realizou os seus propios filmes, entre os que destacan: Nigth on the Town (Unha noite de aventuras, 1987), Home Alone (Só en casa, 1990), Home Alone 2: Lost in New York (Só en casa 2: Perdido en Nova York, 1992), Mrs. Doubtfire (A señora Doubtfire, 1993) ou Nine Months (Nove meses, 1995). Outros filmes nos que participou, tanto como director como guionista, son Harry Potter e a pedra filosofal (2001), Harry Poter e a cámara segreda (2002), Harry Potter e o cárcere de Azkaban (2004), Noite no Museo (2006), Noite no museo 2 (2009), Noite no museo: Secret of the Tomb (2014) e Pixels (2015).
Cronología
-
Nacemento