Colunga
Colunga
Municipio do Principado de Asturias, situado ao N da serra do Sueve, drenado polos ríos Llovones e Espasa (4.681 h [1996]). Cun sector turístico importante, a súa economía baséase na agricultura (cereais, legumes, hortalizas e froiteiras), na gandería vacúa e, sobre todo, no sector pesqueiro, concentrado no porto de Lastres. Os romanos estableceron unha vila agrícola onde se acharon restos de construcións da época; no porto de Lastres houbo unha intensa actividade comercial. Entre os seus monumentos destaca a casa do concello -un edificio barroco do s XVII-, a igrexa de San Cristóbal, de estilo románico e reconstruída en 1881, e a casa modernista de Los Pablos (1910).