Comadre, La

Comadre, La

Publicación subtitulada “Periódico joco-serio” que se editou semanalmente en Santiago de Compostela a partir de 1902. En 1904 comezou unha nova etapa que durou ata abril de 1905. Caracterizado por criticar os poderes públicos na sección “Comadroladas”, axuízou os acontecementos do momento.