comandita
comandita
(
-
s
f
[DER]
Sociedade na que existen socios colectivos con responsabilidade persoal e ilimitada, con facultades de xestión e con socios capitalistas nos que non concorren estes caracteres. Os socios, denominados comanditarios, só achegan fondos e limitan a súa responsabilidade á cifra do capital que achegaron. Se o capital dos comanditarios está representado por accións, recibe o nome de comandita por accións.
-
s
f
[ECON]
Fracción do capital social achegado polos comanditarios.